"...poderiamos dicir que estamos diante dun poeta maduro que xa expresou noutros textos moi logrados a súa concepción do mundo, o home e a existencia humana, que ofrece ao lector unha poesía de pensamento, unha poesía que ten como obxectivo central facer cavilar ó lector, levalo a lugares descoñecidos e propiciar nel o acto de pensar. Pero non se trata dunha poesía puramente intelectual porque, aínda que é rica en conceptos filosóficos -está chea de implícitos metafísicos-, é unha poesía intensamente apaixonada, que fai palpitar o corazón do lector e propicia nel estados de ánimo difíciles de definir a priori. Quen non estea disposto a experimentar transformacións nos seus ritmos habituais, mellor que non lea este poeta, porque a súa poesía é un torrente de ideas e de sentimentos que non deixan indiferente ao lector que se achega a elas."