| VACU - Prólogo á primeira edición en catalán | |
|
Por Francesc Torralba Roselló - Filósofo e teólogo laico Traducido por María Cuiñas Insua Se a tarefa de prologar é difícil cando se trata de presentar unha obra de ensaio, aínda o é máis cando o prólogo ten que ser o preludio dun libro de poesía. Non é doado poñerse na perspectiva do autor e adiviñar o chorro de sentimentos e de pensamentos que configuran unha obra poética. O texto é a exteriorización dunha interioridade que busca a complicidade co lector. O poeta, manifestando ritmicamente a voz da súa interioridade, manifesta cara a fóra a súa identidade máis profunda, amosándonos o núcleo esencial do seu eu. Neste sentido, o acto de poetizar é un acto de denudación, ... |
|
|
|
|
| VACU - Prólogo á versión catalán-galego | |
|
Por María Cuiñas Insua - Tradutora Entre a multitude de xéneros literarios que xa se inventaron e que están aínda por inventarse, poderíase dicir que a poesía é o máis internacional de todos. Se deixamos a un lado a lingua que o poeta emprega, se esquecemos a forma e a grafía das verbas que escolle, e quedamos soamente co contido, atopámonos co xénero máis humano, o que explora coma ningún outro eses sentimentos que toda persoa experimenta ao longo da súa vida. Polo tanto, fronte á difícil tarefa de trasladar toda a angustia e a incerteza de Vacu dende o orixinal catalán á versión en galego, non teño máis remedio ca agradecerlle a Manel Queralt a súa capacidade ... |
|
|
|
|